10/12/07

Iluminación deficiente na Praza de San Cristóbal



Son numerosas as ocasións nas que se reclamou unha mellora da praza de San Cristóbal pero as cousas seguen máis ou menos igual. Neste artigo de hoxe veremos como a iluminación da praza é bastante mellorable.

Nas fotos pode verse un exemplo de como se atopan algunhas das lámpadas da praza. En varias zonas, estas deixaron de existir e só queda o soporte. Outras manteñen a estrutura pero non acenden as lámpadas e algunhas non teñen nin cristais nin lámpadas.

O resultado? Pois que cando empeza a anoitecer, prodúcese a habitual alternancia de escuros e claros na praza, con algunas zonas nas que é realmente difícil recoñecer a cara da persoa que tes diante se non te aproximas o suficiente. O vídeo foi gravado entre as 19h e as 20h do pasado mércores 5 de decembro, nel deberíase poder observar o mal estado das lámpadas pero ante a falta de máis luz, a cámara non puido sacar mellores imaxes. Gracias a presenza do comezo da Avenida da Sardiñeira e da Ronda de Outeiro coa súa boa iluminación, a situación non é tan mala como sería si se dependese únicamente da iluminación da praza.

Algúns veciños comunicáronnos a existencia de movementos estraños que teñen lugar ás veces por alí, din que é lugar de reunión habitual de pandillas onde poden facer o que queiran porque non se lles recoñece desde a distancia. Esta deficiencia lumínica fai que moitos viandantes obten por dar un rodeo antes que cruzar pola praza cando a luz do sol marcha.

Desde o Blog Barrio dous Mallos queremos facer un chamamento ás autoridades para que fagan algo ó respecto antes de que algunha outra lámpada deixe de funcionar e oscureza aínda máis a praza, supoñemos que arranxar unhas cantas lámpadas non debería ser demasiado difícil.


O Canal de Vídeo do Blog Barrio dos Mallos en Youtube:
http://es.youtube.com/barriodosmallos

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos © 2008. Template by Dicas Blogger.

TOPO