04/11/07

Entidade Constructora Benéfica Sagrada Familia

Trátase dunha constructora nacida no barrio e que é ben coñecida pola súa labor, a construcción de vivendas para aquelas persoas que non poden permitirse mercar unha de prezo libre, é dicir, constrúen vivendas de protección.

Na foto vese as vivendas da Avenida de Arteixo (zona Sagrada Familia) construidas por esta constructora.

Son varios os edificios da Sagrada Familia construidos por eles e por tanto, moitos os veciños do barrio que recibiron desta empresa a oportunidade de poder vivir en propiedade a prezo asequible nunha zona da cidade que sempre vai a máis. Outros lugares de actuación foron Culleredo e agora, Arteixo.

Lemos no xornal "La Voz de Galicia":

Entidade Construtora Benéfica Sagrada Familia. Así se denomina unha firma que desde a súa fundación construíu na Coruña unhas 1.200 vivendas de protección, gran parte delas no barrio que leva o nome da construtora, e 324 no termo municipal de Culleredo. Agora puxo en marcha o proxecto para edificar unhas 300 vivendas de protección nun terreo de 58.000 metros cadrados que adquiriu en Oseiro, no municipio de Arteixo. En 2003, os responsables da entidade xa asinaron un acordo co goberno arteixán e están á espera da cualificación urbanística dos terreos. «Nós podemos ceder máis chan para usos públicos a cambio de algo máis de edificabilidade, porque do que se trata é de que se beneficien destas vivendas o maior número posible de persoas», apunta Gonzalo Fernández Obanza, presidente do padroado desta construtora de carácter benéfico.

...

Le o artigo completo "aquí"

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO