24/11/07

Agora sí, chega a Policía de Barrio

A posta en marcha das patrullas xa ten data definitiva, será en decembro, e máis concretamente, a semana antes de Nadal según confirmou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Florencio Cardador, que asegurou que xa se están ultimando os últimos trámites para que a reorganización total da Policía Local estea lista nos próximos 30 días.

Cada un dos barrios da cidade, como o Agra, Monelos, Os Mallos, A Mariña ou Os Rosales, entre outros, terán dous policías encargados de percorrer e vixiar a pé as súas rúas. Todas as zonas contarán con este dispositivo, no que se prevé a participación duns 50 axentes de proximidade.

Unha iniciativa desexada e continuamente reclamada por veciños e comerciantes, que sin ela se sentían máis desprotexidos. Na Coruña existen na actualidade 332 axentes da Policía Local. Pero nos próximos anos o persoal aumentará con 100 efectivos máis.

Fonte: 20Minutos.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO