20/09/07

O regreso da Policía de Barrio

Florencio Cardador explicou que será agora o Concello o que recupere a figura dos axentes de proximidade, desaparecidos fai uns anos, unha das medidas máis reclamadas polos veciños e comerciantes da cidade, entre eles, do noso barrio.

Farase con patrullas da Policía Local, que se distribuirán por tódolos barrios da cidade. E nos barrios máis conflitivos contarán coa colaboración da Policía Nacional, como xa ocorre as fins de semana no Orzán.

A satisfacción veciñal aparece principalmente por estes motivos:

· A presenza deste corpo policial permite disuadir aos delincuentes, que se moven por toda a cidade.
· Os policías de proximidade dan confianza e permiten coñecer de cerca os problemas de cada barrio.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO