Accidente de tráfico
Chegounos hoxe a noticia dun accidente de tráfico no cruce da Avenida dos Mallos con Ramón Cabanillas e, según nos contan veciños da zona, foi realmente espectacular e cun resultado diferente para os implicados.Entre as dúas e as tres da tarde, unha moto espetouse contra o lateral dun coche quedando ambos vehículos con algún que outro dano. O principal susto douno o motorista que quedou tumbado na calzada, mentres, o outro conductor parece que non sufriu ningún problema.
O motorista foi atendido en primera instancia por viandantes que pasaban pola zona ademais dunha patrulla da Policía Local que chegou pouco despois. A pesar de estar consciente, os servizos de urxencia decidiron levalo ó Hospital para facerlle unha mellor observación ante a posibilidade de ter algunha fractura.
Non sabemos as causas do accidente, pero seguimos a recomendar prudencia, tanto a conductores coma peóns, cando se anda próximo a estes cruces de rúas pequenas coas avenidas do barrio, que son fonte inagotable se situacións perigosas.














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.