18/06/07

Non se fixo nada cos contenedores

O 25 de Xaneiro escribimos isto:

Hai que concienciar á xente de que utilice a reciclaxe, e para iso hai que facilitarlle as cousas. A colocación destes contenedores non axuda, dificulta.

Primeiro hai que dicir, que están colocados totalmente contrarios o sentido común, están orientados cara a rúa en lugar de cara a zona peonil, así que para intentar reciclar hai que xogarse o tipo polo lugar onde pasan os coches.

Segundo, ¿por que permiten estacionar os coches o carón dos contenedores? Agora é cando os responsables nos explican como nos metemos nese espazo sobrante entre coche e contenedor, cargado con botellas de cristais ou paquetes de cartón e papel, para ser bó cidadán e poder reciclar.

Isto ocurre na Plaza Padre José Rubinos dos Mallos, onde parece que non queren que reciclemos.


Pois xa pasaron uns meses e logo de chegar o asunto ó pleno do Concello a través de dous partidos políticos, a situación a simple vista segue exactamente igual. Se é que xa está en marcha o arranxo, pedimos disculpas polas críticas, pero a verdade é que non se ve ningunha novidade ó respecto, os coches seguen aparcando diante dos contenedores orientados cara a rúa. Seguimos sen poder reciclar con facilidade e sen perigo nesta zona do barrio.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO