11/04/07

Un coche choca contra varios vehiculos e logo escapa

Os feitos ocorreron ás doce da noite. Unha patrulla da Policía Local detivo na madrugada de onte a un condutor ao que sorprendeu ao volante dun vehículo co que acababa de escaparse da rúa Vizcaya, no barrio dos Mallos, tras encaixar o seu vehículo contra outros aparcados e causarlles serios desperfectos. Interceptou o vehículo no cruce da Ronda de Outeiro coa avenida de Finisterre e deulle o alto.

Ante a probable presenza de alcohol no seu organismo, os axentes avisaron a Atestados para realizarlle a proba de alcoholemia, pero o detido negouse a facela e foi conducido ás dependencias do 092 acusado de desobendiencia grave.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO