02/04/07

Onte, cita co Alcalde en Riazor

O Alcalde acudiu onte pola tarde ao baile que se celebrou no pavillón dos deportes de Riazor e que reuniu a centos de persoas procedentes dos Centro Cívicos Coruñeses. Alí anunciou a consolidación da festa da primavera e que se realizará tódolos anos. Durante o seu discurso foi interrompido en varias ocasións por veciños que lle reclamaban solucións para problemas do seu barrio.

Despois do discurso, o Alcalde dirixiuse cara a salida lentamente debido ós moitos saúdos que recibía e as gañas de falar ou perdirlle algo ó Alcalde das persoas presentes.

Algunhas das peticións que nos chamaron a atención foron as do aparcamento subterráneo para a Sagrada Familia e unha pista de baile máis grande para Os Mallos. É máis, veciños dos Mallos-Sagrada Familia esperárono xa na saída e pedíronlle unha boa pista para os bailes de salón xa que a que hai é de cemento e rompe os zapatos, ademais de non permitir deslizamentos.

Os veciños do barrio non descansan na procura de melloras.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO