16/04/07

Máis Túnel Ronda de Nelle, entregan as firmas

A promesa do Alcalde de pospoñer o proxecto do túnel da Ronda de Nelle ata logo das eleccións municipais non aplaca os ánimos dos veciños contrarios a esta iniciativa, que entregarán as firmas e as alegacións en contra desta obra hoxe no Concello. A entrega preténdese que vaia acompañada dun nutrido grupo de veciños, ademais da comisión encargada de recoller as firmas, para darlle máis forza á negativa dos veciños. A comezos do mes xa se tiñan unhas 2.000 firmas dos veciños da Sagrada Familia, Os Mallos e o Agra.

Hai que lembrar que o que sucederá con este cruce é unha incógnita. Mar Barcón recoñeceu que a maior parte dos veciños rexeitaba esta obra e o Alcalde non descarta polo de momento ningunhas das posibles solucións a este cruce. O Alcalde anunciara a petición a unha consultora para que analizara a posibilidade de manter o tráfico en superficie con semáforos. Ó ritmo que vai todo, e moi probable que non teñamos unha decisión definitiva ata despois das eleccións municipais.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO