Vioño cambia, iso sí, "non foi sen tempo"
Os tempos cambian, no fai moito os veciños dos Mallos-Sagrada Familia seguían exixindo a transformación da zona de Vioño, que era un núcleo rural no medio dunha cidade. Un núcleo rural utilizado por moitos personaxes como centro das súas actividades delictivas. Era tamén o lugar onde moitos veciños seguían a ter a súa finca con animais ou terreos cultivados. Supoñía tamén un auténtico bloqueo das comunicacións entre o barrio e o polígono da Grela pois había que dar unha volta imprsionante para entrar ou saír do polígono a través do noso barrio. Nesta foto que vedes é de non fai moito, todos aínda temos na memoria estas imaxes e nos custa asimilar tan profundo cambio que houbo desde que comezaron as obras. Agora na zona máis próxima o instituto "politécnico" atópanse varias columnas de edificios, un ambulatorio e novas rúas que conectan o polígono coa Avenida de Arteixo.
O parque xa está acabado e xa é parte do
goce e disfrute dos veciños, a espera de que os moitos árbores prantados crezcan e cheguen a ser grandes e fermosos como algún dos que xa hai por alí. O que falta agora e rematar os edificios que bordearán o parque pola Ronda de Outeiro e a Avenida de Arteixo, que traerán novas rúas para comunicar o parque, o polígono con estas grandes avenidas.







¿e non vos da un pouco de morriña?. Non como estaba abandoado, por suposto, pero había figueiras, moitas figueiras ¿por qué non respetaron ningunha cando fixeron o parque? levarono todo por diante agás dous ou tres árbores, o horreo e un dos pozos que quedou cunha placa para a memoria... menos mal, un detalle ho. Pareceme que "os adiantos" poden ser compatibles coa "permanenza". A Constructora que mercou os terreos, estará ben contenta. E a nós cun anaquiño de campo, e unha miguiña de sol xa quedamos contentos.
Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.