Tráfico e problemas na Ronda de Outeiro
Sae na prensa de hoxe (El Ideal Gallego) un extenso artigo sobre a Ronda de Outeiro, unha das vías con maios tránsito da cidade, soporta uns 48.000 vehículos diarios.
De todo o artigo, collemos un anaco no que queremos incidir:
Neste sentido, os que sofren máis riscos son os peóns, sobre todo naqueles cruces que permiten xiros, como na Sagrada Familia, pois mentres o viandante ten o semáforo en verde, os vehículos poden seguir circulando coa luz en ámbar.
De todos os xeitos, como noutras avenidas da cidade, é habitual ver a imprudencia de cruzar de forma indebida cando preto hai unha zona habilitada, xa sexa un paso, regulado ou non por semáforos, ou unha pasarela; a única atópase á altura do colexio da Sagrada Familia e moitos peatones optan por non usala.
Cruzar a rúa por algúns lugares do barrio convértese nunha auténcia odisea. Os puntos conflictivos son aqueles que veñen dar coas grandes avenidas (ronda, avda. arteixo, etc.). As frecuencias dos semáforos a maior parte das veces acaba coa paciencia de moitas persoas que obtan por cruzar en vermello xogándose así o tipo, o peor de todo é, que moitas destas persoas que cruzan son persoas maiores (habitualmente con problemas de mobilidade) que acaban por provocar algún que outro susto ó aparecer no medio da rúa cando veñen varios coches que teñen que frenar bruscamente. Deberían mellorar os turnos dos semáforos do cruce da Ronda coa Avenida de Arteixo, o único que reciben son queixas por parte dos usuarios.

Os cruces os que se refire o artigo, nas entradas ós distintos puntos do barrio dende a Ronda, tamén son un perigo porque, moitas veces cando cruzas e estas no medio, aparece de súpeto un coche a gran velocidade procedente da Ronda e que ten que dar un frenazo en canto te ve. Moitos conductores seguen pensando que a semáforo en cor amarela quere dicir que pases rozando a xente polo medio dela e a ser posible a gran velocidade. Intentaron solucionar isto na rúa San Jaime na súa entrada desde a Ronda, o semáforo de acceso non se pon en ámbar senón en vermello para os coches, ¿resultado?, moitos dos coches sáltanse o semáforo en vermello en canto teñen oportunidade, veñan persoas ou non.
Respecto a pasarela verde fronte o colexio Sagrada Familia, haberá que facer un artigo sobre ela pois está mal feita e por iso, a maior parte da xente obta por cruzar polo medio da calzada. É de difícil acceso para pesonas con problemas de mobilidade (ten escaleiras, así que ¿como cruza un minusválido en silla de rodas?), e unha das salidas en lugar de deixarte na ronda, lévate cara á Grela. Un repasiño non lle viña mal.

Hasta cuando vamos a tener que aguantar los peatones el trafico en el cruce de Los Mallos con la Ronda? Es inadmisible que tengamos este problema todos los dias!Y que nadie haya echo nada por subsanarlo.En horas puntas (entrada al trabajo y regreso al domicilio), para poder ir por el paso de peatones debes tener un curso de torero o algo así, para poder cruzar. ME tendre que comprar un claxon de barco y cuando cruce y me encuentre a un coche le pitaré hasta que me quede sin gas!
Un saludo
Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.