Máis Túnel Ronda de Nelle
Empresarios da zona de influencia do cruce entre Ronda de Nelle e a Avenida de Finisterre puxeron o grito no ceo ante a idea do alcalde, Javier Losada, por considerar que o viaducto non mellora "a calidade, os servizos, o tráfico, a seguridade vial nin a estética da zona". As queixas dos comerciantes chegaron á Cámara de Comercio, que tras recibir as demandas dos seus asociados estudará o proxecto de sustitución do viaducto por un túnel.
A Cámara de Comercio sostén, nun comunicado feito público onte, que o proxecto deseñado polo Concello prexudica a cincuenta comerciantes da Ronda de Nelle "ademais de non aportar ningunha mellora para a cidadanía" e resultar "moi custoso". As queixas dos empresarios incorporaranse á documentación sobre o proxecto que será sometida a consideración dos órganos de goberno da Cámara de Comercio.
Á vista da oposición que xerou o derribo, o Concello esgotará o prazo de alegacións ao proxecto -o próximo 1 de abril- cun bo número de escritos que esixan unha modificación. Por uns ou por outros motivos, as Asociacións veciñais e os comerciantes enviarán os seus escritos.

Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.