Á expectativa das obras, por Alex Bergantiños
Comezo a miña aventura de escritor de artículos comentando a situación da “pista verde” da Sagrada Familia. Fai, aproximadamente unha semana que comezaron a retirar as maltreitas redes que rodean o exterior da polideportiva. A pista leva anos sen porterías e coas redes e alcantarillas rotas. Ademais diso os vestiarios de debaixo da grada están sen utilizar e non quero nin imaxinar o estado no que deben estar. Penso que é unha mágoa que este elemento público estea tan pouco aproveitado.
Para min son moitas as melloras que se deberían facer e vou comentar algunhas delas:
Para min son moitas as melloras que se deberían facer e vou comentar algunhas delas:
-As redes exteriores hai que poñelas novas pero na miña opinión non deben ser do mesmo tipo de alambre cas anteriores porque son moi fáciles de romper. Penso que se debería poñer o mesmo tipo de alambre duro que hai nas portas e así dificultaríase un pouco máis o vandalismo.
-O alcantarillado que rodea os bordes do campo ten as alcantarillas rotas e oxidadas sendo un risco para os rapaces tanto en forma de lesións ou incluso infeccións. Ademais pódense sacar con facilidade do seu sitio, polo que na miña opinión deberían poñerse novas e aseguralas para que non poidan saírse do sitio con facilidade.
-Lóxicamente, que se poñan unhas porterías ancladas ó chan para evitar que volquen e así evitar que os nenos teñan que pintar unha portería na parede ou utilizar anacos vellos de alcantarillas.
-Que se arranxen os vestiarios e se lles de algun uso, xa sexa como vestiarios ou remodelalos doutra forma (un local social ou algo similar).
-E finalmente, a miña última suxerencia (aínda que recoñezo que é difícil) sería o derribo da grada que está no lado da rúa Sargento Provisional, xa que está demasiado pegada á liña de fóra de banda e penso que é un perigo porque e de pedra e ten saíntes. Derribándoa quedaría moito máis espacio e no seu lugar poderánse poñer bancos para sentarse.
Recoñezo que é difícil que se cumplan todas estas suxerencias, xa que non domino os presupostos que manexan os políticos nestes casos, así que seguiremos á expectativa das obras e melloras que se fagan que non serán sen tempo.







Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.