20/03/07

Axitada tarde-noite na zona de Angel Senra

Tarde-noite de onte, unha tarde-noite de moito lío na zona dos xulgados.

· Un autobús pretendía xirar dende Esusebio da Guarda cara Oidor Gregorio Tovar, pero como xa ben sendo unha costume na zona, un coche mal estacionado impedía o paso do autobús. O conductor procedeu como sempre a dar sonoros toques co claxon para intentar que o dono do vehículo se dera por aludido e fose retirar o coche. Pero resulta que o tempo pasou, e antes de aparecer o dono do coche que non daba sinais de vida, chegou a Policía e tomou as riendas da situación e procedeu a multar o coche mal estacionado e ahí, comezou o follón.

Unha muller saíu inmediatamente dun dos establecementos da zona próximo ó coche mal aparcado exixíndolle ó Policía que non lle multase. O Policía, por suposto, negouse a tal petición e cursou a denuncia. A partir de ahí, a muller iniciou un recital de insultos i enfrentamentos co axente por querer multarlle, incluso chegou a colocarse no centro do cruce bloqueando totalmente o tráfico e de novo encarándose co axente. Sumouse a todo isto o marido da muller, que según din algúns veciños, chegou a amenazar, ou tiña intención, de agredir o axente por que dicía que insultara a súa muller. Neses momentos, chegou outro axente da Policía e axudou a calmar os ánimos obrigando ó matrimonio a retirarse e deixar ó seu compañeiro en paz.

Dende o blog somos perfectamente coñecedores do que ocorre nesa esquina cos autobuses, que un día sí e outro tamén quedan bloqueados por coches mal aparcados. O que é realmente curioso desta historia é que o matrimonio non lle fixo caso os constantes avisos por claxon do autobús que non podía pasar por culpa do seu coche e sen embargo, saíu inmediatamente ó ver o Policía poñéndolle a multa.

· Tamén, onte reuniuse unha boa cantidade de Policía na rúa Angel Senra. Descoñecemos o motivo (salvo algún que outro rumor que circula entre veciños) de tal desplegue que chamou a atención de decenas de viandantes que por alí pasaron. O único dato fiable que temos é a subida dos servicios sanitarios cunha camilla a un piso da zona.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO