22/02/07

Preinscripción: Actividades de Marzo no Centro Cívico Mallos

Ábrese o prazo para realizar a preinscripción nas Actividades do Centro Cívico dos Mallos que comezarán en Marzo.

O Prazo de Preinscripción irá dende o Xoves 22 de Febreiro ó Venres 2 de Marzo, hai que apuntarse no Centro Cívico (ver plano) en horario de 9h a 14h e de 16h a 21h. O teléfono do Centro é 981 184 364 (ou tamén ó 010).

Despois da preinscripción, terá lugar o sorteo público para coñecer os admitidos. Unha vez que se saiban os admitidos, abrirase prazo de inscripción.

Sorteo: 5 de Marzo.
Inscripción dos admitidos: 6, 7, 8 de Marzo.
Comezo das Actividades: 12 de Marzo.
Fin das Actividades: 11 de Xuño.

Actividades:

· "Tú en el Ciberespacio". Informática, Creación de páxinas Web, animación. 11,01€ (De 16 a 35 anos). Os Luns de 19h a 20:30h.

· "Apoyo escolar Inglés Secundaria". Inglés básico. Gratuito. (De 12 a 16 años). Dominio e perfeccionamento do inglés para nivel de secundaria. Grupo 1: Mércores de 16:30h a 18:00h. Grupo 2: Xoves de 17:30h a 19h.

· "Taller Multijuegos". 11,01€ (De 4 a 7 años). Tódolos Martes de 16:30h a 18h. 1ºMartes do Mes: Pintura. 2ºMartes do Mes: Taller de Xogos. 3ºMartes do Mes: Baile. 4ºMartes do Mes: Contacontos(neste último, os nenos poden ir acompañados dun adulto).

Se vos interesa algo, acudide ó Centro a formalizar a preinscripción. [Ver Máis].

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO