O BNG visita o Barrio
Onte volveu produciuse un novo capítulo na polémica do "derribo de vivendas" na Sagrada Familia. No seu encontro co BNG, o presidente da AAVV dos Mallos, Eduardo Souto, volveu pedir o derribo das vivendas antiguas da Sagrada Familia «Non teñen ascensores, a rede de sumidoiros filtra cheiros, hai problemas térmicos, humidades e as conexións eléctricas están envellecidas». Engadiu que a disposición dos bloques de vivendas xeran rúas sen saída e que, por iso, o máis conveniente sería «tirar os bloques e volver construilos». Considera que o proxecto exposto polo Concello para a rehabilitación de 300 vivendas é insuficiente. «Non queremos que se trasladen aos veciños do seu contorna, pero os problemas que hai son dificilmente solucionables se non se tiran as casas». Ata, segundo Eduardo Souto, poderíanse incrementar os servizos, os comercios e os aproveitamentos urbanísticos.
Pola súa banda, o portavoz do BNG, Henrique Tello, indicou que na zona é imprescindible, ademais da urbanística, unha rehabilitación social do barrio. Referiuse tamén ós problemas existentes con Angel Senra, o futuro da Estación Intermodal e a movilidade no barrio.
O Alcalde volveu responder que o Concello non tirará ningunha vivenda.
Con todo isto esta aparecendo unha serie de enfrontamentos dialécticos no barrio entre veciños da Sagrada Familia e o presidente da AAVV dos Mallos-Sagrada Familia. A AAVV La Paternidad-Sagrada Familia xa rexeitou rotundamente a proposta de derribo de vivendas. Recentemente apareceu no xornal do Distrito Mallos o cabreo monumental dalgúns veciños pedindo explicacións o presidente da AAVV dos Mallos, pídenlle tamén que veciños lle deron autorización para semellante proposta.
...e así están as cousas no barrio.

Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.