14/02/07

Laboratorio de Mimo no MACUF

EL CUERPO TEATRAL
Laboratorio de "mimo" con Fabiana Gastaldello

Baseándose nas técnicas fundamentais do "mimo" contemporáneo -o mimodrama moderno de Marel Marceau e o "mimo" corporal dramático de Etienne Decroux - o laboratorio ofrece unha ocasión única para desenvolver a conciencia corporal e a expresión teatral do corpo para o movemento a través do estudo destas dúas diferentes técnicas.

Empezando a nosa viaxe por Etienne Decroux, estudarase a descomposición do corpo en segmentos, o xogo das diferentes dinámicas e resistencias, os contrapesos e o debuxo do movemento corporal.

Con esta técnica traballaremos co corpo, máis que co rostro, concibindo o "mimo" como arte plástica, apuntando á construción dun corpo dramático articulado.

A través da técnica de Marcel Marceau, poren, concentrarémosnos na expresividade do rostro, das mans, nas convencións do carácter e o xogo da metamorfosis.

Cada sesión rematarase cun traballo sobre a improvisación.

Programa:
- Introdución e explicación das diferenzas entre a técnica de Marcel Marceau e a técnica de Etienne Decroux
- Aprendizaxe dos movementos de técnica de base e a súa terminoloxía
- Descomposición do corpo en segmentos
- Os dinamo-ritmos- As mans- As convenciones do carácter
- Os camiños e os desprazamentos no espazo- Traballo sobre a improvisación

Prazas: 20, por rigorosa orde de inscripción. Duración: 32 horas

Datas: sábados de 16:00 a 20:00 h, desde o 17 de febreiro ata o 31 de marzo, domingo 1 de abril de 10:00 a 14:00 h.

Lugar: MACUF. Avenida de Arteixo, 171. 15007 A Coruña

Prezo: 100 € de matrícula

Inscripción e pago: a folla de inscripción, dispoñible en www.macuf.com e na recepción do museo, débese reencher e entregar no momento de efectuar o pago na recepción do MACUF, en horario de apertura ao público.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO