05/02/07

DISTRITO MALLOS MÓVESE POLO BARRIO

Pintadas, rotura de peches de comercios, etc.. o vandalismo fai levantar a voz ós comerciantes dos Mallos. A asociación "Distrito Mallos" pide ás autoridades a recuperación da figura do policía do barrio para intentar frear a delicuencia na zona, tal e como ocorría antes, xa que se podía chamar directamente o axente cando pasaba algo i este viña rápidamente. Daría mellor sensación de seguridade e o que é mellor, coñecería todo o que pasa na zona de primeira man.

A asociación critica tamén o concello por que, o seu entender, non inviste o suficiente en seguridade cidadá. O "Distrito Mallos" pon vixilancia nocturna polas noites no barrio e aínda así, non é suficiente para solucionar o problema.

En outro orde de cousas, "Distrito Mallos" está a piques de sacar a súa "tarxeta cliente amigo". Unha tarxeta coa que se obterán importantes descontos nas tendas do barrio así como se ofrecerá a posibilidade gañar cartos entrando en sorteos. Unha boa maneira de intentar potenciar o pequeno comercio do barrio frente os grandes centros comerciais. Para ver máis novidades ou coñecer a primeira lista de descontos, visita a súa web.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO