04/02/07

COPA DO MUNDO DE FLORETE NA SAGRADA FAMILIA

Máis de cen tiradores de 14 países participan esta fin de semana na 'XIV Copa do Mundo Cidade da Coruña' de Florete masculino individual, puntuable para o ránking mundial, que se está a disputar no Polideportivo Sagrada Familia.

A competición arrincou este sábado ás 12:00 horas coas primeiras eliminatorias, ata que ao final da xornada só quedaban os 48 mellores. Estes, xunto aos 16 primeiros do ránking mundial que quedaron exentos da fase previa, tirarán hoxe domingo, a partir das 9:30 horas por entrar na final de oito, que comezará ás 17:00 horas.

A "categoría A" é un privilexio que só teñen oito cidades no mundo. A cita herculina é un paso imprescindible para a Copa do Mundo e os Xogos Olímpicos según aclarou un mandatario federativo.

Ademais da importante representación internacional participará unha numerosa delegación española, encabezada polos compoñentes do equipo nacional que forman Luís Caplliure, Gianmarco Cherubino e os irmáns Javier e Gabriel Menéndez.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO