21/02/07

¿Carril bus polo barrio?

"O director xerente da Compañía de Tranvías da Coruña, José Prada, asegurou que o carril bus podería discorrer polas rúas de San Andrés, Juan Flórez e as Rondas de Outeiro e Nelle. Explicou que estes son os catro eixes con maior circulación de autobuses e, polo tanto, as zonas "que se poden recomendar" para implantar o vial exclusivo para o transporte público.

Aínda non está confirmado cales serán os carrís definitivos da cidade, o concello contratará unha consultora para analizar a situación. Aquí no blog estaremos atentos a esta noticia para ver como queda o de colocar un carril-bus en ámbalas dúas Rondas e si este, pasaría polo barrio. Está claro que o paso dun carril deste tipo pola Sagrada Familia-Os Mallos traería moitos cambios no que respecta o tráfico, seguiremos informando en canto teñamos máis noticias.

Recomendamos desde aquí seguir a actualidade dos buses urbanos e as novidades do carril bus en busurbano.tk.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO