04/01/07

Este é un Blog particular sobre o Barrio da Sagrada Familia, Sardiñeira, Vioño, Os Mallos e Estación na Coruña.

A Orixe do Blog
A presenza do barrio en internet era mínima (case inexistente) a comezos do ano 2007, por este motivo, un grupo de veciños decidímonos a colocar ó noso barrio na rede, buscando ser un lugar de encontro e participación entre todos, sen máis obxectivo que mellorar a información existente sobre esta zona da cidade e coa posibilidade de poder axudar ó barrio no que fose posible.



Aclaramos
A Administración do "Blog Barrio dos Mallos" non é ninguna asociación de veciños nin representa a ninguén, únicamente son veciños que colocaron as ferramentas necesarias para que o Barrio da Sagrada Familia, Sardiñeira, Vioño, Os Mallos e Estación teña un rincón na rede de información e utilidade para os demais veciños.

Colaboran ou colaboraron nalgún momento
Laura G.S., Mickp, El Rincón del Poeta, Besbellinha, Montse, Álex, José Carlos Fernández Villar, Luis, Raquel, Patricia, Túzaro T., Fran, Carlos, R.Alejandro, Ernesto, Moalva, Mon, Alejandro Manteiga.

Colaboración mutua con
"María Daviña Conde Abogados", Asociación de Comerciantes "Distrito Mallos" e A.VV. Mallos - Sagrada Familia - Estación.

Envíannos de cando en vez todo tipo de información
Centro Cívico Os Mallos, MACUF, Ecos do Sur, Biblioteca Sagrada Familia, Centro Social Sagrada Familia, diferentes departamentos do Concello, partidos políticos, Comisión Promotora de las Hogueras de San Juan, diferentes asociacións veciñais da Coruña, diferentes Blogs dos barrios da Coruña, algún que outro medio de comunicación, etc.

Zona da Cidade que comprende o Blog
O Barrio da Sagrada Familia, Sardiñeira, Vioño, Os Mallos e Estación comprende principalmente o Código Postal 15007 e está incluido maioritariamente no Distrito 4 do Censo Electoral. Trátase un barrio creado nos anos 50, inaugurado oficialmente polo alcalde Sergio Peñamaría de Llano, sucesor de Alfonso Molina trala súa morte, e a súa poboación actual é duns 47.000 veciños (según datos de Coruña.es), sendo así un dos máis poboados da cidade. Os límites serían a Avenida de Finisterre, a Ronda de Nelle, Avenida Alfonso Molina, o polígono da Grela e Salgado Torres.

Un Barrio con moito movemento
A alta poboación, o paso das grandes vías de circulación como son a Ronda de Outeiro e a Avenida de Arteixo, a presenza dos Xulgados, da Audiencia Provincial, da Estación de Ferrocarril e a proximidade da Estación de Autobuses, a existencia de dous Centros Cívicos, unha Biblioteca recentemente reformada e modernizada, dous Polideportivos (un deles con picina), un museo, etc.. fan deste barrio unha das zonas con maior "vida" e movemento da cidade, pero á vez, isto tamén ocasiona graves problemas de tráfico (atascos, ruido, dobre fila, falta de espazo para estacionar, etc.).

A través deste Blog intentaremos que estés ó tanto de todo o que acontece no barrio, e para comezar a coñecelo mellor, podes pasarte polos seguintes artigos:

- Albumes de Fotos (Ver 1, Ver 2)
- Canal de Vídeo.
- Información sobre a nosa Historia.
- Información sobre as asociacións de veciños e comerciantes.
- Resumo sobre o ocio, traballo e infraestructuras.
- Falando sobre proxectos, propostas e demandas para o barrio.


Dende o 4 de Xaneiro de 2007

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO