16/01/07

O Centro de Saúde ó completo

No centro de saúde dos Mallos, nas portas das consultas colocáronse uns escritos dirixidos a aqueles pacientes que piden ser vistos con urxencia, sen solicitar unha cita previamente, que normalmente deben esperar a que o médico finalice o turno de consultas programadas para ser examinados.

No cartel, lémbrase aos usuarios que o decreto 172/195 define a urxencia como «a petición de asistencia médica que non admite demora», ademais de indicar a quen soliciten unha consulta destas características que será visto por un médico «canto antes», posto que quen o vai a atender «estase ocupando da consulta diaria do turno de pacientes que si pediron cita». Quedan excluídas, indícase por escrito, as peticións de receitas ou partes de baixa, e todas as suscitadas «por motivos persoais, particulares, burocráticos e non estrictamente médicos», polo que se invita aos pacientes a reconsiderar a súa demanda e, no caso de valorar que, realmente, admite demora, pedir unha cita ordinaria para o día seguinte.
10 de Xaneiro, La Voz de Galicia.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO