ESCASA ILUMINACIÓN, BURATOS E OUTROS TEMAS EN SAN JAIME
Algunhas rúas do barrio están case que abandonadas, sen cuidados, sen ningún tipo de conservación. Ocorre neste caso na zona comprendida entre a Avenida de Arteixo e a rúa San Jaime, por onde está o túnel que une ambas rúas.
Neste caso, non hai queixa para o túnel, o contrario que noutras épocas está perfectamente iluminado e coidado, non así o lugar que hai ós pés das torres de San Jaime, entre o túnel e a rúa do mesmo nome. Cando chega a noite, a pesar de que non fai moito tempo aumentouse o número de farolas, estas seguen sendo escasas e é un perigo pasar de noite por alí. Non fai moito, chegaron queixas de veciños debido a que se producían movementos de xente sospeitosos polas noites.
O lugar que agora nos ocupa, o que está nas imaxes e vídeo de este post, é a rúa que se atopa entre a rúa Belén e a Avenida de Arteixo, que une o túnel coa rúa Sagrada Familia. As imaxes do vídeo, grabadas sobre as 8 da mañá, demostran a escasa iluminación da zona (hai que ter en conta que na grabación sae un pouco máis oscuro do que estaba na realidade, cousas da cámara que non da para máis). É moi raro que alguén utilice esta rúa para moverse unha vez que cae a noite pois pouco se ve. Ademáis, está chea de continuos desperfectos, incluso algúns perigosos como buratos no chan agora tapados con planchas metálicas.
Este lugar tamén se converte nun perigo cando chove, neste caso o chan vólvese dunha cor verde, como se tivese algo parecido a "musgo" e é imposible manterse erguido. Eu mesmo, fai un tempo, resbalei e caín por non ser capaz de manter o equilibrio. Se algún de vós utiliza esta rúa, lembrade que cando chova non vaiades polo medio, ide polo lateral que ten beirarrúa que é máis seguro.


Os buratos no chan ós que me referían son algo parecidos a este que está na foto, xa que non teños fotos dos que falaban antes. Este burato da foto atópase na mesma zona, na esquina da Avenida de Arteixo coa Ronda de Outeiro, onde se atopa o Banco Gallego. Vale que está pegado á parede e por ahí non pasará a xente, menos mal porque ¿que pasaría se alguén non vai atento e mete o pé ahí?






Hoy el pasado por donde está el Banco Gallego y decir que pusieron una valla encima del agujero.
Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.