COUSAS DE RENFE
A pesar das constantes peticións por parte do diputado nacionalista Francisco Rodríguez, o Goberno non aumentará polo de agora a frecuencia do tren que vai a Lugo, e tampouco o fará co que vai a Ferrol. O servicio de trens con Ferrol podería ser moito mellor do que é, pero o Goberno empecínase en dicir que para a xente que o usa, hai tren dabondo. Isto é algo contradictorio, posto que o rexeitamento prodúcese o mesmo ano en que Renfe renovará parte da súa flota en Galicia e multiplicará os seus servizos entre A Coruña e as estacións de Vigo, Ferrol e Ourense.
Cabe dicir tamén, que cos servicios actuais de tren é normal que a xente use pouco este medio de transporte. A cousa está clara, se aumenta a frecuencia do tren e tamén aumenta a calidade, o número de viaxeiros aumentará.
Lembrade que o Goberno dicía o mesmo do aeroporto, que como o usaba pouca xente non facía falta ningunha obra nin melloras e mira ti, foi aumentar o número de vóos, o número de destinos e baixar un pouco os precios, e o número de pasaxeiros aumenta considerablemente cada día. Renfe debería tomar nota.

Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.