25/01/07

CONTENEDORES MAL COLOCADOS



Hai que concienciar á xente de que utilice a reciclaxe, e para iso hai que facilitarlle as cousas. A colocación destes contenedores non axuda, dificulta.

Primeiro hai que dicir, que están colocados totalmente contrarios o sentido común, están orientados cara a rúa en lugar de cara a zona peonil, así que para intentar reciclar hai que xogarse o tipo polo lugar onde pasan os coches.

Segundo, ¿por que permiten estacionar os coches o carón dos contenedores? Agora é cando os responsables nos explican como nos metemos nese espazo sobrante entre coche e contenedor, cargado con botellas de cristais ou paquetes de cartón e papel, para ser bó cidadán e poder reciclar.

Isto ocurre na Plaza Padre José Rubinos dos Mallos, onde parece que non queren que reciclemos.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos © 2008. Template by Dicas Blogger.

TOPO